Mundo Prestigio é o clan galego integrado por Ju, Brais, Fiz e Fer. Publicaron traballos curtos e singles entre os que se atopan colaboracións con Grande Amore, mariagrep, Ortiga, Cibrán de Boyanka Kostova etc. Ademais, viran como banda de Carlangas nos directos de presentación do seu disco. E agora, Mundo Prestigio chegou a Ernie Records.
"Personas" é o primeiro single do próximo disco da banda viguesa; un
tema festivo e bailable. "Personas" é capaz de arrastrar, desde a
primeira escoita, a un movemento corporal involuntario que vai in crescendo
conforme avanza a canción; o tema atrápache ata descubrirte meneando as
cadeiras, imposible non deixarse levar.
"Personas" é unha enerxía que logra contaxiar bo rolo, poñerche de bo humor. Unha melodía alegre, divertida, elixida como primeiro adianto a modo de celebración, pois nela pode palparse o bo momento que atravesa a formación. O seu secreto é divertirse, e máis aló de logralo, fan que che divirtas con eles; así funcionan en Mundo Prestigio.
En "Personas" -e na vida- van con todo; no tema despréganse, sobre a base rítmica, elementos como pianos, sintes, percusións e samplers; moitos samplers. Un tema instrumental de 4 minutos no que suceden demasiadas cousas. O bo? Dá tempo a gozalas todas. O mellor? Cando termina podes volver pulsar o play.

Personas abre cunha locución de Carl Sagan na versión dobrada ao español da
súa serie documental "Cosmos"; un fragmento que fala da insignificante
dimensión da raza humana ante a inmensidade do cosmos. A Mundo Prestigio
gústalle xogar, e o solemne discurso unicamente é a previa; no xiro está o
goce: un tema no que volver de novo ao noso intranscendente pero divertida
condición de seres humanos. Personas que ao final o pasan bastante ben sen
pensar en conceptos que nos superan. Personas que viven e divírtense, quen
necesita máis?

PRÓXIMAS DATAS
· 25-26/08 · CUNTIS (Revolta do Umia) · ENTRADAS

Fotografía de Arancha Brandón
PRÓXIMAS DATAS
· 25-26/08 · CUNTIS (Revolta do Umia) · ENTRADAS

Comentarios
Publicar un comentario