Charlando Con...Víctor y Max Recorda Fest

SonRías Baixas 2023 publica a distribución de artistas por días para a súa edición 20 aniversario


O Festival SonRías Baixas desvelou a distribución por días dos artistas que participarán na súa vindeira edición, que se celebrará durante os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu (Pontevedra), e na que o evento galego celebra o seu 20 aniversario.
O cartel, encabezado por Natos y Waor, La Pegatina e Macaco, aposta de novo por unha proposta musical ecléctica, na que teñen cabida xéneros tan variados como o rock, os sons urbanos, a electrónica, a rumba ou o ska e que completan máis de vinte artistas (aos xa citados súmanse Arde Bogotá, Boikot, Cool Nenas, Dubioza Kolektiv, ETS, Grande Amore, La Ganga Calé, LaMontagne&PicoAmperio, Lendakaris Muertos, Lia Kali, María de Juan, Muyayo Rif, Ninhodelosrecaos, Queralt Lahoz, Samuraï, Santa Salut, Tremenda Jauría e 30S40S50S).


Ademais, dúas últimas confirmacións protagonizadas por dous artistas galegos -Ortiga e Pili Pampín e Lamatumbá- poñen o broche final a este line-up para conmemorar o seu vixésimo aniversario e no que, xa é habitual, combínanse artistas consagrados con décadas de traxectoria con talento emerxente a ter moi en conta.
A distribución final por días do SonRías Baixas 2023 é a seguinte:
Xoves 3 de agosto
Boikot, Samuraï, Lendakaris Muertos, Santa Salut, 30s40s50s, ETS
Venres 4 de agosto
Natos y Waor, Queralt Lahoz, Muyayo Rif, Tremenda Jauría, LiaKali, La Ganga Calé, Cool Nenas
Sábado 5 de agosto
La Pegatina, Macaco, Dubioza Kolektiv, Arde Bogotá, Ortiga e Pili Pampín,
La Montagne&PicoAmperio, Grande Amore, Lamatumbá, María de Juan, Ninhodelosrecaos DJ

A venda de abonos segue dispoñible na web do festival e a través de Enterticket.es. O proceso de compra inclúe a opción de engadir a zona de acampada, gratuíta, e situada a tan só 150 metros da praia e do propio festival, e que este ano como novidade estará aberta a partir do mércores día 2, a xornada previa a que a música comece a soar en Bueu. As entradas de día estarán dispoñibles a partir de mañá venres 28 de abril ás 12:00h por 30€ + gastos de xestión e non inclúen dereito de acampada (só teñen esta opción os abonos para os tres días de festival).

Comentarios