"Do meu corpo van nacer outros corpos": rock industrial e electropunk na nova canción de Grande Amore
"Do meu corpo van nacer outros corpos" é o segundo adianto de 'II', que será o segundo disco de Grande Amore, o proxecto de Nuno Pico. Unha proposta na que Grande Amore vai un paso máis aló e demostra que segue crecendo. Que se atreve con todo. "Do meu corpo van nacer outros corpos" é puro rock industrial e electropunk, que recorda a sonidos que chegan dende finais dos 70´s e os primeiros 80´s dende os club mais escuros de Manchester.
Tras a exitosa publicación de "Pelea" o pasado mes de marzo, Nuno Pico quere máis. Grande Amore presenta agora "Do meu corpo van nacer outros corpos", un tema que é auténtica psicodelia e que resulta realmente adictivo.
"Do meu corpo van nacer outros corpos" é pura
electricidade que obriga a moverse, a menear a cabeza ao ritmo dos arranxos
electrónicos e a corear xunto a Grande Amore «Do meu corpo van nacer outros
corpos», un retrouso que soa a berro de guerra. É punk. É rock. Evade e
libera.
«E cantos vraos me quedan dentro deste corpo? Que sempre estou queimando, pero non importa, se na terra, cando chova, do meu corpo van nacer outros corpos.»
De feito, é a aposta de Nuno Pico máis industrial. A demostración de que o artista crece en cada tema, atrevéndose a ir un paso máis aló e a experimentar desde a curiosidade, pero tamén desde a máis absoluta diversión; neste caso, cun resultado brillante que atrapa.
«Dáme un chucho, por se nunca volvo. Dáme outro. E ábreme a ventá a mañá que eu morra, que non me quedo neste cuarto, que o mundo está fóra.»
"Do meu corpo van nacer outros corpos" está producida por Carlangas. As voces foron gravadas por Raúl Pérez en La Mina; el mesmo encargouse da mestura. O máster correu a cargo de Cem Oral en Jammin' Masters.
"Do meu corpo van nacer outros corpos" conta tamén cun videoclip de Xaime Miranda. Foi gravado en Milladoiro, nas proximidades do Polígono da Costa Vella, en Pontecesures e nun sitio que garda parecido co Pantano de Susqueda.
A produción trasládanos a un metaverso no que Nuno Pico, Mariagrep e Clara Redondo interpretan o tema nunha realidade virtual cun poder realmente hipnótico. «Do meu corpo van nacer outros corpos», en bucle, mentres o avatar de Nuno Pico envellece ata que do seu corpo nacen novos Nunos. Unha pasada.

PRÓXIMAS DATAS
· 12/05 · VALENCIA (La Salá) · ENTRADAS
· 19-20/05 · SARRIA (Esmorga Fest) · ENTRADAS
· 03/06 · MADRID (Sala Clamores) · ENTRADAS
· 15/07 · PORTAS (PortAmérica) · ENTRADAS
· 03-05/08 · BUEU (Sonrías Baixas) · ENTRADAS

Fotografía de Aigi Boga
Por diante, numerosas datas para gozar de todo
isto en directo. Ademais, nas últimas semanas, a formación de Grande Amore
sumou a alguén máis no escenario nos concertos; trátase da propia Clara
Redondo, quen, xunto a Marigrep e Nuno Pico, preparan unha nova posta de
escena coa que conquistarán corazóns. "Probablemente ármese", aseguran desde a
banda. Puro rock and roll.PRÓXIMAS DATAS
· 12/05 · VALENCIA (La Salá) · ENTRADAS
· 19-20/05 · SARRIA (Esmorga Fest) · ENTRADAS
· 03/06 · MADRID (Sala Clamores) · ENTRADAS
· 15/07 · PORTAS (PortAmérica) · ENTRADAS
· 03-05/08 · BUEU (Sonrías Baixas) · ENTRADAS

Comentarios
Publicar un comentario