Charlando Con...Víctor y Max Recorda Fest

Este 23F, o golpe definitivo con Boyanka Kostova: Ordoño

"ORDOÑO" é o primeiro adianto do novo álbum de Boyanka Kostova, o dúo santiagués formado por Cibrán García e O Chicho do Funk -Ortiga-; os pioneiros do trap galego. É o primeiro traballo publicado baixo o selo de Ernie Records.
Tras os exitosos 'RANAEIRA' (2022) e 'Os dous de sempre' (2020), que incluíron temas xa icónicos como 'A Quincena do Apóstol', 'Muinheira De Interior', ou 'Camerino', Boyanka Kostova está de volta.



Este 23F, chegan dispostos a reinar con "ORDOÑO", unha canción que naceu inspirada no nome do rei Ordoño II de León -quen reinou Galicia​ entre os anos 910 e 914-. Un tema urbano que conta con rimas coidadas e combinadas con loops logrando unha engrenaxe perfecta e pegadiza. Imposible saír da canción; quedará na túa cabeza.

Fotografía de Álvaro Alvite
"ORDOÑO", como sucede con todo o repertorio do dúo compostelán, nace como resposta á súa necesidade de explorar e de tratar de non repetirse; combinando ideas que se retroalimentan entre si, divírtense xogando con sons e rimas.
«Vacilar como forma de vida», apunta a letra de "ORDOÑO", poñendo sobre a mesa toda unha declaración de intencións; a esencia pura de Boyanka Kostova, que sen dúbida nos próximos meses sorprenderá con todo o que está por vir: sons, retranca, letras e referencias que xa poden gozarse neste primeiro adianto.
«Desperto e séntome no trono,
A miña raíña ao lado faime compañía,
non dou opcións, aqui non hai prata ou plomo,
Todos os súbditos ríndenme pleitesía»

Comentarios