Charlando Con...Víctor y Max Recorda Fest

O Festival 17° Ribeira Sacra lanza os primeiros abonos moi limitados e a un prezo especial

O festival 17° Ribeira Sacra regresa este ano na súa sétima edición que se celebrará durante a fin de semana do 28 de xullo. Xa estan á venda os abonos "blind tickets", que estarán a un prezo promocional durante un período limitado de tempo antes de darse a coñecer os primeiros artistas, podes mercalos eiqui festivalribeirasacra.com
17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que a música, a arte, a gastronomía e a terra únense para crear unha experiencia única para o público. En 2022 o festival foi recoñecido co premio "do Viaxar 2022" da revista La Alacena Roja e a "Mellor activación de marca" nos Premios Fest, polo Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra. A última edición do Festival 17° Ribeira Sacra foi, sen dúbida, a máis internacional ata a data, xa que recibiu numeroso público nacional e de outros países veciños.
Esta nova edición reunirá de novo algúns dos escenarios máis singulares que caracterizan este evento nun lugar tan privilexiado como é a Ribeira Sacra. O Escenario Momentos Alhambra, no mirador de Santiorxo ou o Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra nun catamarán que percorre os canóns do río Sil son algún dos seus atractivos que fai que cada ano máis persoas queiran vivir a experiencia en vivo e directo.
Dentro dos valores do festival, 17º Ribeira Sacra sempre conta cun plan de mobilidade para coidar o medio ambiente e ofrece un servicio de buses que desprazará ós asistentes entre os diversos escenarios. O abono de transporte estará dispoñible dende esta tarde tamén.
As catas, rutas e actividades para coñecer o patrimonio convértense nunha parte imprescindible desta cita estival que cada ano amplía a súa oferta, incidindo en que é moito máis que un festival de música. Cociñeiros de renome e unha coidada selección gastronómica, xunto a participación de adegas da zona, completan o plan para a fin de semana.
17º Ribeira Sacra volve contar co apoio de Cervezas Alhambra como principal patrocinador na súa aposta pola música e polo descubrimento de creacións auténticas feitas para gozar sen presa e cos cinco sentidos.
INFORMACIÓN SOBRE OS ABONOS:
Primeiro tramo abonos 17° Ribeira Sacra
Blind ticket: 55 € + g.x.
Abonos limitados.
Inclúe: programación musical do venres 28 ao domingo 30 de xullo de 2023.
Dispoñibles en festivalribeirasacra.com

Abono Bus
Abono bus: 18 € + g.x.
Inclúe: transporte para o venres 28 e sábado 29 de xullo de 2023.
Dispoñibles en festivalribeirasacra.com

Comentarios